Conexión remota síncrona

¿A distancia?

Teniendo en cuenta las características de este máster, abrimos la posibilidad de cursarlo a distancia, en remoto, salvo un par de visitas presenciales.

Como asisto en remoto?

Proporcionámosche unha ligazón para que poidas conectarche por videollamada desde o lugar onde esteas nese momento, sen necesidade de asistir fisicamente á Universidade. A conexión é síncrona, e podes interactuar en calquera momento co profesor que imparte a clase.

E o equipamento?

Nas universidades dispoñemos de equipamento que os estudantes só poden usar na propia universidade, para traballar nas tarefas que se propoñen. Se dispós dese equipamento na túa casa, entón podes traballar nesas tarefas sen problemas.

A boa noticia é que, pola temática que trata este máster, só necesitas xustificar que tes á túa disposición unhas lentes de realidade virtual Meta Quest 3 (ou ben Meta Quest 3S). É un equipamento de custo reducido.

Teño que ir algunha vez de forma física?

Si, os exames finais son probas que esixen presenza física. Para facilitar o desprazamento de estudantes que vivan lonxe das universidades, ao comezo do curso pódese solicitar facer uso dun calendario de exames especial, intensivo, onde as probas se concentran en só tres días, no canto das dúas semanas do calendario ordinario.

Interésame ao facer a matrícula. ¿Ónde o indico?

Fai os procesos de inscrición e matrícula normais. Unha vez esteas matriculado, contacta connosco para solicitar facer uso desta modalidade. Se cumpres o requisito de dispoñer do equipamento, a autorización pola nosa banda é segura, sen xustificar nada máis.

Especialización

Non é un mestrado xeneralista, é especializado, o que se espera dun mestrado. Esquéceche de crear contidos, modelos 3D, texturas para cubrir unha superficie… xa hai especialistas para iso. Aprenderás a xestionar eses contidos para integralos nunha aplicación final. Saberás como interactuar cos fluxos de produción que xeran eses contidos. Además, dedica un 25% del total a profundizar en uno de dos aspectos distintos, a tu elección:

  • Mellora as prestacións dos sistemas inmersivos mediante algorítmica eficiente e técnicas de optimización. Simula e modela a realidade.
  • Integra os espazos virtuais en procesos de produción xa existentes, considera a satisfacción do usuario e crea novas solucións en diversos ámbitos (deseño, produción, mantemento, adestramento…) e sectores (industria 4.0, saúde, educación…).

E contribúe a un equipo multidisciplinar con estudantes de ambas as especialidades a medida que vaias aprendendo, pon en valor os teus coñecementos.

Por último, a súa especialización profunda e o seu carácter oficial tamén che abre a posibilidade de desenvolver un Doutoramento, se descobres que a investigación é a túa paixón.

Saída profesional

A realidade estendida é unha combinación de tecnoloxías transversal a numerosas aplicacións e usos, de aplicación en sectores tan variados como: fabricación, loxística, saúde, entretemento, educación, publicidade, turismo, benestar social etc. Isto fai que o perfil do egresado sexa moi variado.

Entre outros, atopamos os seguintes perfís de saída, con aplicación en todos os sectores mencionados:

  • Desenvolvemento de sistemas de realidade estendida: capacidade de organizar código de programación de forma eficiente e escalable, integrándoo nos dispositivos hardware que estean dispoñibles.
  • Deseño de experiencias de realidade estendida en fabricación e loxística: capacidade de asesoramento a empresas para a implementación de solucións personalizadas de realidade estendida axustadas ao seu sistema de produción. Isto permite a mellora dos procesos e a redución de custos, ademais de proporcionar un valor engadido na experiencia de adestramento ou manexo de equipos.
  • Deseño de experiencias de realidade estendida no ámbito da saúde e o benestar: capacidade de asesoramento a empresas e organismos para a implementación de solucións personalizadas de realidade estendida con aplicación a tratamentos de enfermidades, rehabilitación, diágnostico, benestar activo, prevención etc.
  • Consultoría en optimización de sistemas de realidade estendida: capacidade de análise dun sistema existente para detectar problemas e solucionalos, mellorando as súas prestacións.
  • Xestión e produción de proxectos: capacidade de liderar equipos multidisciplinares seguindo metodoloxías áxiles. Exponse sempre a obtención dun prototipo mínimo viable (MVPr), como paso imprescindible cara a un produto mínimo viable (MVP).
  • Deseño e implantación de xemelgos dixitais: capacidade de contribuír á creación de contornas virtuais con modelos físicos que permitan a optimización de procesos industriais, a través da monitorización do funcionamento e o deseño de prototipos. Industria 4.0 e 5.0.
  • Consultor tecnolóxico en aplicacións educativas, publicidade ou de entretemento: capacidade de aplicar estas tecnoloxías a promocións e venda de produtos, adestradores de postos de traballo na industria, produción de produtos audiovisuais (películas, videoxogos,…), apoio á educación, promoción e goce do patrimonio etc.
  • Consultor en tecnoloxías disruptivas: capacidade de aplicar tecnoloxías asociadas á Augmented Connected Workforce para complementar e mellorar as capacidades dos empregados. Web 4.0. Visión holística de todo o proceso de creación e aplicación dunha contorna virtual multiusuario, incluíndo a experiencia de usuario e a innovación como valores centrais.
  • Comezo dunha carreira investigadora: a profundidade coa que se tratan os temas facilita a integración nun equipo de investigadores para o desenvolvemento dunha tese doutoral.