Organización Académica
Horarios
Primeiro Cuatrimestre
Segundo Cuatrimestre
Aulas
UVigo
EE Telecomunicación, Lab AS03
UdC
EP Enxeñaría de Ferrol, Aula 13
Plataforma educativa
Exames
Calendario
Estructura básica
O mestrado proposto consta de 90 ECTS, repartidos en 3 cuadrimestres de 30 ECTS. Hai un total de 52,5 ECTS de carácter obrigatorio, debéndose elixir unha especialidade (22,5 ECTS) , de entre as dous dispoñibles. É obrigatorio realizar prácticas externas (6 ECTS). Por último, débese desenvolver e defender un Traballo Fin de mestrado (9 ECTS).
| Tipo de materia | Créditos |
|---|---|
| Obrigatorias | 52.5 |
| Optativas (especialidade) | 22.5 |
| Prácticas externas | 6 |
| Traballo Fin de Mestrado | 9 |
| TOTAL | 90 |
oRGANIZACIÓN TEMPORAL
Durante os 2 primeiros cuadrimestres impártense 46,5 créditos comúns e obrigatorios, que poderiamos clasificar en:
- Tecnolóxicos (27 ECTS): tratan temas de programación, renderización de imaxe, análise da contorna real, interacción co usuario, Realidade Estendida móbil e contornas virtuais colaborativas.
- Producción (19.5 ECTS): tratan sobre a produción de contidos e os fluxos de traballo con equipos multidisciplinares, ademais de revisar o equipamento que estea dispoñible no mercado.
Para poder formar os dous perfís profesionais distintos que facilita este mestrado, definíronse 2 especialidades, sendo obrigatorio elixir unha delas. Cada especialidade consta de 6 materias obrigatorias, sumando un total de 13,5 ECTS no segundo cuadrimestre e 9 ECTS no terceiro cuadrimestre. Son as seguintes:
- Técnico avanzado en Realidade Estendida: profúndase na algorítmica, programación e optimización das prestacións dos sistemas que implementan os espazos virtuais.
- Deseñador de experiencias en Realidade Estendida: profúndase na integración dos espazos virtuais nos procesos de produción xa existentes, na satisfacción do usuario e na creación de novas solucións en diversos ámbitos (deseño, produción, mantemento, adestramento…) e sectores (industria 4.0, saúde, educación…).
O terceiro cuadrimestre, ademais de profundar nos temas da especialidade elixida, dedícase a dous aspectos:
- Desenvolvemento profesional (12 ECTS): consta dunha materia onde se tratan cuestións relacionadas co emprendemento, a innovación e a xestión dun proxecto empresarial. Por outra banda, a integración laboral foméntase con prácticas obrigatorias nunha empresa do sector.
- Traballo Fin de Mestrado (9 ECTS): tentarase potenciar a realización de traballos de utilidade para as empresas e a colaboración entre estudantes das dúas especialidades.
Curso 1 - Semestre 1
| MATERIA | Créd. ECTS | MÓDULO |
|---|---|---|
| Fundamentos de programación e electrónica | 3 | Iniciación |
| Producción de contidos | 3 | Iniciación |
| Programación XR | 6 | Tecnoloxía |
| Modelado 3D e renderización de imaxe | 4.5 | Tecnoloxía |
| Interacción co usuario | 3 | Tecnoloxía |
| Producción de proxectos XR | 4.5 | Producción |
| Sistemas XR | 6 | Producción |
Curso 1 - Semestre 2
| MATERIA | Créd. ECTS | MÓDULO |
|---|---|---|
| Proxecto en grupo | 6 | Producción |
| XR remota e móbil | 4.5 | Tecnoloxía |
| Interpretación da contorna | 3 | Tecnoloxía |
| Sensorización da contorna | 3 | Tecnoloxía |
| ESPECIALIDADE Técnico avanzado en Realidade Estendida | ||
| Programación XR avanzada | 4.5 | Técnico avanzado |
| Renderización avanzada de imaxe e son | 4.5 | Técnico avanzado |
| Intelixencia artificial e aprendizaxe automática | 4.5 | Técnico avanzado |
| ESPECIALIDADE Deseñador de experiencias en Realidade Estendida | ||
| Experiencia de usuario (UX) e gamificación | 4.5 | Deseñador de experiencias |
| Aplicacións industriais | 4.5 | Deseñador de experiencias |
| Integración de sistemas | 4.5 | Deseñador de experiencias |
Curso 2 - Semestre 3
| MATERIA | Créd. ECTS | MÓDULO |
|---|---|---|
| Xestión, emprendemento e innovación | 6 | Desenvolvemento profesional |
| Prácticas externas | 6 | Desenvolvemento profesional |
| Traballo Fin de Mestrado | 9 | Trabajo final |
| ESPECIALIDADE Técnico avanzado en Realidade Estendida | ||
| Visión por computador | 3 | Técnico avanzado |
| Dixitalización da contorna real 3D | 3 | Técnico avanzado |
| Simulación física | 3 | Técnico avanzado |
| ESPECIALIDADE Deseñador de experiencias en Realidade Estendida | ||
| Interacción multimodal co usuario | 3 | Deseñador de experiencias |
| Realidade estendida baseada en proxección de vídeo | 3 | Deseñador de experiencias |
| Adaptación a outros motores gráficos | 3 | Deseñador de experiencias |
Asignaturas
Iniciación
Fundamentos de programación e electrónica
(ProgElec)
3 ECTS
|
Obligatoria
|
Guía docente
Coordina:
Fraguela Rodríguez, Basilio
|
Perfil en UDC
Fundamentos de programación e electrónica
(ProgElec)
3 ECTS
|
Obligatoria
|
Guía docente
Coordina:
Fraguela Rodríguez, Basilio
|
Perfil en UDC